DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2025 Páx. 29611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da Zona de Reestruturación Parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza/Cesuras) para ser notificado dunha resolución relativa ao cambio de titularidade de predios de substitución do acordo da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da Zona de Reestructuración Parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza/Cesuras), que figura no anexo, para ser notificado dunha resolución relativa ao cambio de titularidade de predios de substitución do acordo da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestructuras Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 8 de maio de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza/Cesuras)

DNI/Nome

Nº prop.

Acto notificado

47359219B

890

RDX 11.04.25