DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2025 Páx. 29626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 9 de maio de 2025, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no requirimento 36R001-R-JRLM-38-2025 (expediente 36R002/4026/2022).

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse, con cita previa, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 9 de maio de 2025

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36R002/4026/2022.

Interesada: Ventanas Garrido, S.L.

CIF/NIF: B10606218.

Acto notificado: requirimento da inspección de consumo 36R001-R-JRLM-38-2025.