DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2025 Páx. 29659

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS)

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a contratación de catro prazas de persoal de investigación.

A Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a contratación de catro prazas de persoal de investigación.

As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web da Fundación: https://www.idisantiago.es/empleo/ a partir do día seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos dez días naturais a partir do día da súa publicación na páxina web.

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2025

Isabel Lista García
Directora da Fundación Pública Galega Instituto de
Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis)