III. Outras disposicións
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública, en réxime de concorrencia, para a ocupación temporal, para usos sociais e sanitarios, dos locais destinados para tal fin no edificio da rúa Gregorio Hernández, esquina avenida Peruleiro do concello da Coruña, denominado Espazo Amizar (código de procedemento PR701B).
Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 89, do 12 de maio de 2025, cómpre realizar as seguintes correccións:
Na páxina 26609, no artigo 6.1, letra b), elimínase o primeiro punto «– Local que se solicita».
Na páxina 26623, no anexo I elimínase a epígrafe DATOS ESPECÍFICOS DO PROCEDEMENTO.
Publícase de novo o anexo I correctamente.