BDNS (Identif:): 834168.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/834168
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade pesqueira na pesqueira do polbo con nasa e liña ao cordel na súa variante, a rañeira, durante o mes de abril de 2025, establecida no Plan experimental para a xestión do polbo (Octopus vulgaris) para a campaña 2025/26, aprobado mediante a Resolución do 26 de marzo de 2025 (DOG núm. 62, do 31 de marzo), sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as persoas que teñan a condición de persoas armadoras e persoas tripulantes dunha embarcación afectada pola paralización temporal da dita actividade pesqueira.
Segundo. Finalidade
Esta orde ten por finalidade compensar os efectos do período de veda espazo temporal establecida como medida técnica de conservación no Plan experimental para a xestión do polbo (Octopus vulgaris) para a campaña 2025/26.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 13 de maio de 2025 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2025 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas armadoras, e non competitiva, ás persoas tripulantes, pola paralización temporal da actividade pesqueira na pesqueira do polbo (cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura) (códigos de procedemento PE406G e PE406H).
Cuarto. Importe
Para o ano 2025, as axudas concederanse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2025, e o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario é o seguinte:
– Aplicación orzamentaria: 16.02.723A.770.0.
– Código de proxecto 2024.00143, para paralización temporal da actividade pesqueira.
– Importe total: 4.000.000,00 €, segundo as seguintes contías por liña de axuda:
– PE406G, axudas pola paralización temporal da actividade pesqueira na pesqueira do polbo das embarcacións afectadas-persoas armadoras: 1.107.694,35 €.
– PE406H, axudas pola paralización temporal da actividade pesqueira na pesqueira do polbo das embarcacións afectadas-persoas tripulantes: 2.892.305,65 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
