DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2025 Páx. 29835

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 15 de maio de 2025 pola que se declara a caducidade do procedemento para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), anunciada pola Orde do 21 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 42, do 3 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Facenda e Administración Pública, mediante a Orde do 21 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 42, do 3 de marzo), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar a caducidade do procedemento para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021; DOG do 24 de decembro)
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro
da Consellería de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Denominación do posto: Xefatura do Departamento de Relacións Institucionais.

Código do posto: PX.A11.00.002.15770.210.

Nivel: 28.

Subgrupo: A1-A2.

Corpo ou escala: xeral.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Centro directivo ou dependencia: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: Xefatura do Departamento de Xustiza Dixital.

Código do posto: PX.A11.00.004.15770.050.

Nivel: 28.

Subgrupo: A1-A2.

Corpo ou escala: xeral/especial/estatutario Sergas (escala informática)/XMI/XSI.

Tipo de adscrición: A20(11): adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA., persoal estatutario do Sergas e Administración local.

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Centro directivo ou dependencia: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: Xefatura do Departamento Xurídico.

Código do posto: PX.A11.00.002.15770.191.

Nivel: 28.

Subgrupo: A1-A2.

Corpo ou escala: xeral.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Titulación académica: 2062 (Lic./grao en Dereito).

Centro directivo ou dependencia: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Localidade: Santiago de Compostela.