Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa de peche de infraestruturas de distribución de enerxía eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avda. América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Desmontaxe CT Caneiro, 27C315 (Monforte de Lemos).
Situación: concello de Monforte de Lemos.
Proxecto: asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández o 7 de decembro de 2022.
Finalidade da instalación: reordenación de instalacións.
Orzamento: 2.901,55 €.
Documentación complementaria:
• Comunicación previa ao Concello de Monforte de Lemos.
• Resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
• Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas.
• Resolución da Consellería de Cultura.
1. Normativa de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica (BOE nº 312, do 30 de decembro).
– Lei 21/2013, do 9 de decembro, da Xefatura do Estado, de avaliación ambiental (BOE nº 296, do 11 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).
– Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.
– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalación eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).
2. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto técnico denominado Desmontaxe CT Caneiro – 27C315 (Monforte de Lemos), obxecto da solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa de peche, son:
• Desconexión e desmontaxe do CTC 27C315 Caneiro (expediente 174/2016 AT), cunha potencia de 630kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmontaxe da acometida ao CT formada por dous tramos de 16 metros de LMTS en condutor tipo RHZ1-150.
• Realización dun empalme para dar continuidade a LMTS MOF801 Ponte Vella.
3. O artigo 39 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, dispón que o peche definitivo de instalacións de distribución estará sometida, con carácter previo, ao réxime de autorizacións establecido no artigo 53 precisando, polo tanto, autorización administrativa previa.
4. O procedemento de tramitación da solicitude de autorización administrativa previa para o peche definitivo dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica axustarase ao disposto no capítulo IV do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
5. En virtude do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalación eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo é o órgano competente para outorgar a autorización administrativa previa de peche definitivo das instalacións de distribución de enerxía eléctrica cando o seu aproveitamento afecte só a Comunidade Autónoma de Galicia e a súa tensión de servizo sexa inferior a 132 kV.
6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o indicado e de conformidade co título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, propoño:
Conceder a autorización administrativa previa de peche definitivo das instalacións pertencentes á rede de distribución de enerxía eléctrica de UFD Distribución Electricidad, S.A. de características enriba descritas e que se atopan recollidas no proxecto denominado Desmontaxe CT Caneiro – 27C315 (Monforte de Lemos), coas seguintes consideracións:
– De conformidade co establecido no artigo 138 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o peche definitivo de instalacións solicitado por UFD Distribución Electricidad, S.A. implicará o seu desmantelamento e, considerando a planificación proposta, disporá para a súa execución do prazo dun (1) mes contado a partir da data de recepción da presente resolución.
– De conformidade co artigo 155 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o desmantelamento de instalacións de distribución de enerxía eléctrica comporta a extinción da servidume de paso de enerxía eléctrica, de tal xeito que UFD Distribución Electricidad, S.A. deberá comunicar esta circunstancia aos afectados pola dita servidume, se os houber.
– Tal e como dispón o artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o remate das operacións recollidas no protocolo de desconexión e desmantelamento do CT Caneiro debe ser comunicado a este departamento territorial solicitando a preceptiva acta de peche de instalacións, e xuntarase á dita solicitude o certificado do director de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como da regulamentación e normas que sexan de aplicación como é a do tratamento dos residuos que se poidan xerar.
– Obtida a acta de peche das instalacións, UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a obriga de comunicalo á Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas e á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, tal e como dispón o artigo 31 do Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica.
– En cumprimento do establecido no artigo 138.3, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a resolución deberá ser publicada no DOG e no BOP.
– A presente autorización outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación, ante a conselleira de Economía e Industria, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da citada Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.
Lugo, 5 de maio de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
