DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2025 Páx. 29831

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 20 de maio de 2025 pola que se convoca o Programa de prácticas académicas en iniciativas empresariais emerxentes no curso 2024/25.

BDNS (Identif.): 833890.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/833890

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que está matriculado nunha das titulacións oficiais de grao ou de máster universitario no curso 2024/25 da Universidade de Vigo

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é fomentar a cultura emprendedora no estudantado universitario a través da realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, nunha iniciativa empresarial de recente creación, de modo que poidan ver o emprendemento como unha oportunidade para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 20 de maio de 2025 pola que se convoca o Programa de prácticas académicas en iniciativas empresariais emerxentes no curso 2024/25.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de dezanove mil trescentos corenta e cinco euros con sesenta e oito céntimos (19.345,68 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 21 de maio ata o 4 de xuño de 2025.

Vigo, 20 de maio de 2025

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (RR do 30.5.2024; DOG do 10.6.2024)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade