Primeiro. Mediante Resolución do 5 de decembro de 2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 241, do 16 de decembro), convocáronse as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.
Segundo. O tribunal está constituído polos seguintes membros, designados de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria:
a) Presidenta: Pilar Otero Moar (presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia).
b) Vogais titulares:
María del Mar Lamas Casal (con funcións de secretaria).
Rosa López Río.
Ana Díaz Teijeiro.
David Castro Sanmartín.
c) Vogais suplentes:
Patricia Fernández Fernández.
Catalina Martínez Leitao.
Eva María Sanín Mariño.
Javier María Rúa Peón.
Terceiro. As probas realizaranse o sábado día 28 de xuño de 2025, ás 10.30 horas, no salón de actos da sede do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, sita na rúa Durán Loriga, 2, 1º, 15003 A Coruña.
Convócanse todos os aspirantes en chamamento único, no lugar e hora indicados, sinalando que deberán ir provistos do seu documento nacional de identidade ou pasaporte e bolígrafo de tinta azul.
Durante a realización das probas non se poderá utilizar calculadora nin outro tipo de dispositivo electrónico ou móbil.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
