DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2025 Páx. 30102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 8 de maio do 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordada pola Comisión Asistencia Xurídica Gratuíta en Ourense no expediente PR204A 2025/1203-3 e catro máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da/das persoa/s interesada/s na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Ourense (avenida da Habana, núm. 79, 1º, 32004 Ourense).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo do que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previsto na lei.

Ourense, 8 de maio de 2025

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A 2025/1203-3

44663587W

PR204A 2025/1208-3

76733823G

PR204A 2025/1217-3

43539525L

PR204A 2025/1264-3

44468910C

PR204A 2025/1632-3

44496561W