DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2025 Páx. 30173

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO da selección dunha praza de delineante, unha praza de oficial sepultureiro e un posto de oficial de servizos múltiples (OEP 2024).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 77, do 24 de abril de 2025, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover as seguintes prazas (OEP 2024):

– Unha praza de delineante.

– Unha praza de oficial sepultureiro/a.

– Unha praza oficial de servizos múltiples (colexios).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación das bases íntegras na sede electrónica deste Concello coincidindo coa última publicación da convocatoria nos diarios oficiais.

Cangas, 25 de abril de 2025

Araceli Gestido Rodríguez
Alcaldesa