DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2025 Páx. 30399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se somete a información pública a ampliación dunha explotación de vacún de leite con capacidade para 653,20 UGM en Rosente (San Xoán de Campos), concello de Trazo (A Coruña) (expediente MR2025/001).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o proxecto e o estudo de impacto ambiental para a ampliación dunha explotación de vacún de leite con capacidade para 653,20 UGM e a construción de cortello de recría, almacén, esterqueira e fosa de xurro, promovido por Ganadería Liste, S.L. (B70034632) nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sitas en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera persoa interesada poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para efectos deste expediente o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-aia

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura
e Industrias Agroalimentarias