DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2025 Páx. 30401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0206/2024-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0206/2024-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 13 de maio de 2025

A directora territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 13.5.2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0206/2024-PPM

76778145M

Resolución

A Pesqueira, 193, km 357, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-FE-0210/2024-PPM

47375860T

Resolución

O Portiño, 2º D, A Coruña

PSC-FE-0211/2024-PPM

47375666J

Resolución

O Portiño, nº 36, baixo, A Coruña

PSC-FE-0224/2024-TRA

47374001G

Resolución

Poboado do Portiño, nº 17, San Pedro de Visma, A Coruña

PSC-FE-0230/2024-V

53797399P

Resolución

Praza Compostela, nº 7, 1º A, Ribeira

PSC-FE-0236/2024-PPM

54228719D

Resolución

Rolda de Outeiro, nº 325, San Pedro de Visma, A Coruña

PSC-FE-0247/2024-V

44848571C

Resolución

Rúa Manzanares, nº 17, 1º esq., Santa Uxía de Ribeira, Ribeira