DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2025 Páx. 30414

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D31/2025, do 15 de maio, pola que se nomea profesor permanente laboral na praza PPL-01.

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor permanente laboral PPL-01 do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar (en diante, CUD-ENM), convocada pola Resolución D79/2024, do 16 de decembro de 2024 (DOG do 23 de decembro), e presentada polo candidato proposto a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Antonio Eirís Barca, con DNI ***0387**, profesor permanente laboral do CUD-ENM.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 15 de maio de 2025

José Martín Davila
Director do Centro Universitario da Defensa-Escola Naval Militar de Marín