DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 9 de maio de 2025, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Unión Fenosa Distribución, S.A. de concesión administrativa no porto do Grove de ocupación de caseta centro de transformación e da rede existente para o desenvolvemento da actividade de subministración eléctrica (expediente 13-08-25-C1).

Unión Fenosa Distribución, S.A. solicita a concesión administrativa no porto do Grove de ocupación de caseta centro de transformación e da rede existente para o desenvolvemento da actividade de subministración eléctrica (expediente 13-08-25-C1).

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 9 de maio de 2025

Ibán Rodríguez Fernández
Xefe da Zona Sur