Ao abeiro da Sentenza 163/2023 que ditou a Sección 3ª da Audiencia Provincial de León no seo do procedemento abreviado 1/2019, a Dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria ditou o día 23.4.2025 a resolución pola que se executa a dita sentenza e se declara a nulidade dos títulos habilitantes para manipular produtos fitosanitarios.
En aplicación do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dada a concorrencia de razóns de interese público que así o aconsellan, notifícaselles mediante este anuncio ás persoas interesadas a execución da sentenza, que está dispoñible no enderezo electrónico https://agacal.xunta.gal/gl/institucional/novas
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025
Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
