DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30883

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de convocatoria para prover dúas prazas de operario/a de servizos múltiples (OEP 2022 e 2024).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) núm. 84, do 6 de maio, publicáronse a convocatoria e as bases específicas que rexen a convocatoria para a cobertura en quenda libre e por persoal laboral de dúas prazas vacantes no Concello de Vilaboa incluídas nas OEP dos anos 2022 e 2024 que a seguir se sinalan:

Denominación

Tipo de persoal

Grupo/subgrupo

Nº de vacantes

Operario/a de servizos múltiples

Laboral

V

2

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.

Vilaboa, 6 de maio de 2025

César Poza González
Alcalde