Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no primeiro cuadrimestre do ano 2025, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025
Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega
ANEXO
|
Convenio |
Achega do Consello da Cultura Galega |
Data sinatura |
|
Convenio de cooperación entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e o Consello da Cultura Galega para realizar prácticas académicas externas do estudantado de todos os mestrados interuniversitarios do Sistema universitario de Galicia. |
Sen achega económica |
12.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. e o Consello da Cultura Galega. |
Sen achega económica |
16.4.2025 |
|
Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Concello de Carballo. |
Sen achega económica |
30.4.2025 |
