DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2025 Páx. 31129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de maio de 2025, do Servizo Provincial de Ourense, polo que se notifica o intento de mutuo acordo e folla de valoración, ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de clave OU/16/274.06.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación de mutuo acordo no predio 76 e folla de valoración da administración no predio 33, e/ou intentada esta, non se puido efectuar, no domicilio dos titulares, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de fomento da mobilidade sustentable. Senda na OU-536. Treitos: As Vendas (p.q. 11+890-12+810) e Santa Baia (p.q. 9+100-11+120), de clave OU/16/274.06, nos concellos do Pereiro de Aguiar e Esgos.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial de Ourense da AXI, sita na rúa Sáenz Díez, 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 16 de maio de 2025

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense

ANEXO

Nº predio

Ref. catastral

Persoa interesada

33

32059A071001430000OZ

Fernández Rodríguez, María Josefa

76

32032A015001260000JL

Romasanta Blanco, José Manuel Hdros.