DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2025 Páx. 31092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 5 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Arzúa (expediente IN407A 2023/150-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Os Campos, no concello de Arzúa (expediente IN407A 2023/150-1), mediante a Resolución deste departamento territorial, do 2 de decembro de 2024, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 14 de xullo de 2025, para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Arzúa, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 20.6.2023, no BOP do 2.6.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 13.6.2023, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 7 de maio de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña