DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2025 Páx. 31236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 16 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de alzada interposto en materia do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia de Lugo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación as persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que consideren conveniente.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

Acto notificado

LU-2024/00249

33539575D

Resolución do recurso de alzada

Z0731961Z