DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2025 Páx. 31241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 30 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican resolucións ditadas no expediente 2024/327/15 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas e que figuran no anexo as resolucións que se ditaron nos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

Os expedientes constan no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña, en Gregorio Hernández, 2, 1º andar, onde as ditas persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer para coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra as ditas resolucións, as persoas interesadas ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán interpoñer recurso no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos, en caso de oposición á dita resolución administrativa, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

A Coruña, 30 de abril de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoas interesadas

Data da resolución

Efectos da resolución

2024/327/15

47363405B

20.2.2025

Establecemento de medida administrativa

2024/328/15

47363405B

24.2.2025

Establecemento de medida administrativa

2025/6/15

53485718T, 52459103J

10.3.2025

Establecemento de medida administrativa

2025/13/15

55598280N

19.2.2025

Establecemento de medida administrativa