A Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica (INIBIC) anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a contratación de dúas prazas de persoal de investigación.
As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles nas páxinas web: https://www.fundacionprofesornovoasantos.org e https://www.inibic.es
O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 28 de maio de 2025
Patricia Rey Pérez
Directora da Fundación Pública Galega
de Investigación Biomédica (INIBIC)
