DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2025 Páx. 31211

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2025 polo que se fan públicas as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 17 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas a concellos para a instalación de sistemas de depuración autónomos no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento AU300B).

O 28 de febreiro de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 17 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas a concellos para a instalación de sistemas de depuración autónomos no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento AU300B).

O 6 de maio de 2025 e o 16 de maio de 2025, a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou as resolucións de concesión de axudas aos beneficiarios.

Segundo o recollido na Resolución do 17 de febreiro de 2025 citada, debe publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación das subvencións concedidas.

As subvencións fináncianse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

De conformidade co previsto no artigo 15 da Resolución do 17 de febreiro de 2025, xa citada,

RESOLVO:

Facer pública no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial de Augas de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das subvencións concedidas.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional quinta da Resolución do 17.2.2025; DOG do 28 de febreiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 17.2.2025 (código de procedemento AU300B):

Expediente

Entidade beneficiaria

NIF

Importe da subvención concedida

AU300B2025-1

Concello de Cervo

P2701300B

15.000,00 €

AU300B2025-3

Concello de Touro

P1508600B

10.000,00 €

AU300B2025-4

Concello de Coristanco

P1502900B

15.000,00 €