DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2025 Páx. 31439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Edicto do 22 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Fragoso, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Ramirás, no concello de Castrelo de Miño.

Advertido un erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 25, do xoves 6 de febreiro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

No sumario, nas páxinas 9981 e 10365, onde di: «EDICTO do 22 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Fragoso, a favor da comunidade de montes veciñais en man común de Fragoso, no concello de Castrelo do Miño», debe dicir: «EDICTO do 22 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Fragoso, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Ramirás, no concello de Castrelo de Miño».

No anuncio, no parágrafo terceiro da páxina 10365, e no parágrafo quinto da páxina 10371, onde di: «Ampliación de Fragoso, a favor da comunidade de montes veciñais en man común de Fragoso, no concello de Castrelo do Miño», debe dicir: «Ampliación de Fragoso, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Ramirás, no concello de Castrelo de Miño».

No anuncio, no punto cuarto da páxina 10366, onde di:«Pertenza: CMVMC de Fragoso», debe dicir: «Pertenza: CMVMC de Ramirás».