De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 15 de maio de 2025 sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a clasificación e ordenación pormenorizada do polígono industrial do Reboredo e a súa ampliación, no concello de Monforte de Lemos.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE2974).
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
