Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de substitución do apoio 9V3F5ATQ//113-3 da LMTA TUI803 e instalación de RC que figuran no anexo.
As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial do Departamento Territorial en Vigo da Consellería de Economía e Industria. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 19 de maio de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/398-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Substitución do apoio 9V3F5ATQ//113-3 da LMTA TUI803 e instalación de RC.
Concello: Tomiño.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data de ocupación |
Depósito previo |
|
1 |
36054A062000540000EX |
Descoñecido |
19 de xuño de 2025 |
2025/54/177 |
