A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 656/2024, do 2 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024, realiza convocatoria para cubrir a seguinte praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo polo procedemento de concurso-oposición:
– Unha (1) praza de responsable de dominio público (GII BI N8).
As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do organismo público Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es
Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) para a presentación de solicitudes.
Vigo, 23 de maio de 2025
Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo
