DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2025 Páx. 31401

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2025 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante Resolución reitoral do 21 de marzo de 2025 (DOG do 3 de abril e BOE do 17 de abril de 2025), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaran a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela