DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2025 Páx. 31727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de abril de 2025, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Marisquería Arcade, S.L., de concesión administrativa no porto de Arcade para a ocupación de edificación do dominio público (13.24.EDF.003) con destino a bar restaurante (expediente 13-24-25-C1).

Marisquería Arcade, S.L., solicita a concesión administrativa no porto de Arcade para a ocupación de edificación do dominio público (13.24.EDF.003) con destino a bar restaurante, segundo o proxecto titulado Proxecto básico para acondicionamento e apertura de local destinado á interpretación e degustación de produtos locais, redactado polo enxeñeiro técnico industrial Pablo González Figueroa en outubro de 2024.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 30 de abril de 2025

Iban Rodríguez Fernández
Xefe da Zona Sur