DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2025 Páx. 31624

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba física.

Na sesión que tivo lugar o día 4 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), modificada polas resolucións do 7 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño) e do 27 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo).

Unha vez aprobada, nesta mesma sesión, a relación da baremación definitiva complementaria das persoas aspirantes no proceso selectivo para o acceso á categoría 33 condutor/a autobomba defensa contra incendios forestais do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia,

ACORDOU:

Convocar o día 13 de xuño de 2025, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), para realización da proba física, de conformidade co disposto na base II.7.2 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) pola que se modifica a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) pola que se convoca o proceso selectivo, as persoas aspirantes da categoría 33 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia que se relacionan no anexo publicado no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta. A convocatoria realizarase en chamamento único segundo a distribución recollida no referido anexo.

Por tratarse dunha proba física complementaria, este chamamento realizarase, única e exclusivamente, para persoas aspirantes que non foron convocadas naqueloutro realizado o día 29 de novembro de 2024, segundo a Resolución deste tribunal do 25 de novembro de 2024 (DOG núm. 228, do 26 de novembro). En consecuencia, as persoas aspirantes convocadas para a realización das probas o pasado 29 de novembro de 2024 conservarán o resultado do dito chamamento.

As persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025

Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal