DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2025 Páx. 31628

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2025 pola que se nomea persoal laboral fixo a persoa aspirante que superou o proceso selectivo para a cobertura definitiva de dous postos de titulado/a superior en química existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de acceso libre (27ª convocatoria).

Unha vez rematado o proceso selectivo para a cobertura definitiva de dous postos de titulado/a superior en química existentes no cadro de persoal laboral do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (en diante, Intecmar), pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso como persoal laboral fixo do Intecmar na categoría de titulado superior en química (grupo I, categoría 3), convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 11, do 17 de xaneiro), esta dirección, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo do Intecmar a persoa aspirante aprobada que se relaciona na proposta formulada pola Comisión de Selección na Resolución do 21 de maio de 2025, publicada no portal web do Intecmar, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo. A persoa nomeada persoal laboral fixo disporá do prazo dun mes para a toma de posesión no destino ofertado con carácter provisional e para a formalización do contrato laboral.

O prazo de toma de posesión comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, poderase interpor recurso de alzada ante a Presidencia do Intecmar no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vilaxoán, 27 de maio de 2025

María Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control
do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Nº de prazas

Grupo

Categoría

Descrición
da praza

NIF

Apelidos e nome

1

I

3

Titulado superior

***8044**

Lamas Castro, Juan Pablo