DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2025 Páx. 31716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de maio de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.07648, outorgada o 31 de marzo de 2005, no concello de Vilaboa (expediente DH.A36.108249).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Alcouce.

Expediente: DH.A36.108249.

Volume total anual: 10.972,80 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 3,32 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: seis (6) mananciais: M1 a M6 e dous (2) pozos P1 e P2.

M1 na parcela 415, polígono 9.

M2 na parcela 346, polígono 9.

M3 na parcela 382, polígono 29.

M4 na parcela 395, polígono 29.

M5 e M6 na parcela 375, polígono 29.

P1 na parcela 179, polígono 29.

P2 na parcela 192, polígono 29.

Todas do catastro de Vilaboa.

Lugar: O Alcouce.

Parroquia: Figueirido.

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga dos mananciais reúnese para conducila a depósito na parcela 179, polígono 29, do que parte rede de distribución ás vivendas que abastece a Comunidade. A auga dos pozos bombéase ao depósito cando é precisa. O rebordo do depósito alimenta un depósito de incendios na mesma parcela.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 8 de maio de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur