De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e Vitaly Health Services, S.L. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,
RESOLVO:
Convocar o curso que figura no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Primeira. Requisitos das persoas participantes
Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, que presta servizos en diversos centros de traballo na cidade de Ourense.
Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Acceso ás actividades formativas
O acceso será a través da páxina web da EGAP (https://egap.xunta.gal) e, unha vez dentro, haberá que seguir as seguintes instrucións:
1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivese rexistrado/a este paso non será necesario).
2. A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a poderá acceder ao curso o día do seu comezo.
4. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
5. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 62 53 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
Cuarta. Comprobación de datos
1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección.
Quinta. Criterios de selección
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.
Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Sétima. A asistencia
A asistencia:
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de dez (10) días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Oitava. Superación da actividade formativa
Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final dela.
Novena. Certificados
Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Décima. Facultades da EGAP e Vitaly Health Services, S.L.
1. A EGAP e Vitaly Health Services, S.L. poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Tamén lles corresponde a ambos os dous organismos prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e Vitaly Health Services, S.L. reservan para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
3. A EGAP e Vitaly Health Services, S.L. garantirán na actividade derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
|
Código |
Edición |
Denominación |
Destinatarios |
Horas |
Prazas |
Modalidade |
Data, horario e lugar de realización |
|
CV25076 |
OURENSE1 |
Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación. |
Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos seguintes centros de traballo: 1. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 2. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Economía e Industria. 3. Servizo de Enerxía Renovable e Infraestruturas de Ourense, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. 4. Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 5. Servizo de Dependencia de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 6. Área de Turismo Termal e Oficina de Turismo de Ourense, Axencia de Turismo de Galicia, Consellería de Presidencia. 7. Edificio Xudicial de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 8. Servizo de Mobilidade de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 9. Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Ourense (APLU), Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 10. Servizo de Urbanismo de Ourense, Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 11. Servizo de Consumo de Ourense, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. 12. Departamento Territorial de Sanidade de Ourense, Consellería de Sanidade. |
12 |
30 |
Presencial |
9 e 10 de xuño de 2025 Horario: 8.30 a 14.30 Lugar de realización: aula de formación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), rúa Villaamil y Castro, s/n, 32004 Ourense. |
|
CV25076 |
OURENSE2 |
Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación. |
Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos seguintes centros de traballo: 1. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 2. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Economía e Industria. 3. Servizo de Enerxía Renovable e Infraestruturas de Ourense, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. 4. Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 5. Servizo de Dependencia de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 6. Área de Turismo Termal e Oficina de Turismo de Ourense, Axencia de Turismo de Galicia, Consellería de Presidencia. 7. Edificio Xudicial de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 8. Servizo de Mobilidade de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 9. Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Ourense (APLU), Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 10. Servizo de Urbanismo de Ourense, Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 11. Servizo de Consumo de Ourense, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. 12. Departamento Territorial de Sanidade de Ourense, Consellería de Sanidade. |
12 |
30 |
Presencial |
11 e 12 de xuño de 2025 Horario: 8.30 a 14.30 Lugar de realización: aula de formación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), rúa Villaamil y Castro, s/n, 32004 Ourense. |
|
CV25076 |
OURENSE3 |
Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación. |
Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos seguintes centros de traballo: 1. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 2. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Economía e Industria. 3. Servizo de Enerxía Renovable e Infraestruturas de Ourense, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. 4. Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 5. Servizo de Dependencia de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 6. Área de Turismo Termal e Oficina de Turismo de Ourense, Axencia de Turismo de Galicia, Consellería de Presidencia. 7. Edificio Xudicial de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 8. Servizo de Mobilidade de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 9. Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Ourense (APLU), Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 10. Servizo de Urbanismo de Ourense, Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 11. Servizo de Consumo de Ourense, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. 12. Departamento Territorial de Sanidade de Ourense, Consellería de Sanidade. |
12 |
30 |
Presencial |
17 e 18 de xuño de 2025 Horario: 8.30 a 14.30 Lugar de realización: aula de formación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), rúa Villaamil y Castro, s/n, 32004 Ourense. |
|
CV25076 |
OURENSE4 |
Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación. |
Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos seguintes centros de traballo: 1. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 2. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Economía e Industria. 3. Servizo de Enerxía Renovable e Infraestruturas de Ourense, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. 4. Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 5. Servizo de Dependencia de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 6. Área de Turismo Termal e Oficina de Turismo de Ourense, Axencia de Turismo de Galicia, Consellería de Presidencia. 7. Edificio Xudicial de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 8. Servizo de Mobilidade de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 9. Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Ourense (APLU), Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 10. Servizo de Urbanismo de Ourense, Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 11. Servizo de Consumo de Ourense, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. 12. Departamento Territorial de Sanidade de Ourense, Consellería de Sanidade. |
12 |
30 |
Presencial |
19 e 20 de xuño de 2025 Horario: 8.30 a 14.30 Lugar de realización: aula de formación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), rúa Villaamil y Castro, s/n, 32004 Ourense. |
|
CV25076 |
OURENSE5 |
Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación. |
Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos seguintes centros de traballo: 1. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 2. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Economía e Industria. 3. Servizo de Enerxía Renovable e Infraestruturas de Ourense, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. 4. Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 5. Servizo de Dependencia de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 6. Área de Turismo Termal e Oficina de Turismo de Ourense, Axencia de Turismo de Galicia, Consellería de Presidencia. 7. Edificio Xudicial de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 8. Servizo de Mobilidade de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 9. Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Ourense (APLU), Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 10. Servizo de Urbanismo de Ourense, Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 11. Servizo de Consumo de Ourense, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. 12. Departamento Territorial de Sanidade de Ourense, Consellería de Sanidade. |
12 |
30 |
Presencial |
14 e 15 de outubro de 2025 Horario: 8.30 a 14.30 Lugar de realización: aula de formación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), rúa Villaamil y Castro, s/n, 32004 Ourense. |
|
CV25076 |
OURENSE6 |
Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación. |
Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos seguintes centros de traballo: 1. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 2. Departamento Territorial de Ourense, Consellería de Economía e Industria. 3. Servizo de Enerxía Renovable e Infraestruturas de Ourense, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. 4. Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 5. Servizo de Dependencia de Ourense, Consellería de Política Social e Igualdade. 6. Área de Turismo Termal e Oficina de Turismo de Ourense, Axencia de Turismo de Galicia, Consellería de Presidencia. 7. Edificio Xudicial de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 8. Servizo de Mobilidade de Ourense, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. 9. Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Ourense (APLU), Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 10. Servizo de Urbanismo de Ourense, Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 11. Servizo de Consumo de Ourense, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. 12. Departamento Territorial de Sanidade de Ourense, Consellería de Sanidade. |
12 |
30 |
Presencial |
16 e 17 de outubro de 2025 Horario: 8.30 a 14.30 Lugar de realización: aula de formación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), rúa Villaamil y Castro, s/n, 32004 Ourense. |
