DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31956

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO de información pública sobre o acordo plenario de modificación da modalidade para o exercicio das funcións reservadas para funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.

O Pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, en sesión ordinaria, con data do 24 de abril de 2024, en relación co expediente nº 29/2024, acordou modificar a modalidade do exercicio de funcións reservadas a funcionarios con habilitación de carácter nacional no Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, adoptando a recollida na letra b) do punto 1 do artigo 17 dos estatutos deste consorcio, a través do persoal funcionario de habilitación de carácter nacional, subescala secretaría-intervención, clase terceira, grupo A, subgrupo A1 e adscrito ao Servizo de Asistencia Intermunicipal da Deputación Provincial de Pontevedra.

O texto íntegro do devandito acordo foi publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 88, do 6 de maio de 2024 con expresión dos recursos que contra este proceden.

Pontevedra, 21 de marzo de 2025

Luis López Diéguez
Presidente do Consorcio Provincial de Pontevedra
para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento