DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31745

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 21 de marzo de 2025 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se desenvolve a Resolución do 11 de novembro de 2024 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2025 e se procede ao nomeamento do tribunal para as convocatorias do ano 2025 (Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro).

Mediante a Resolución do 11 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade, convocáronse as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2025 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Con posterioridade, mediante a Resolución do 30 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade, procedeuse ao nomeamento do tribunal para as convocatorias do ano 2025.

Mediante a Resolución do 21 de marzo de 2025 modificouse a Resolución do 30 de decembro de 2024 e procedeuse ao nomeamento dunha nova vogal suplente.

Coa presente resolución modifícase o presidente titular e procédese á designación dos membros do tribunal en función da titularidade dos postos de traballo desenvolvido, deixando de ser nominativos e para garantir a máxima transparencia e facilitar que as persoas interesadas teñan coñecemento do tribunal, efectúase a designación íntegra deste.

O Real decreto 284/2021, do 21 de abril, regula no anexo V os exames de cualificación inicial. Na sección 2ª, desenvolve a «designación de tribunais» sinalando que «No caso de non determinarse na propia convocatoria, o órgano convocante deberá, con posterioridade a esta, designar o tribunal ou tribunais das probas (…) e proceder, así mesmo, á súa publicación no correspondente boletín oficial».

Con obxecto de dar o debido cumprimento ao disposto na sección 2ª do anexo V, do Real decreto 284/2021, do 20 de abril,

DISPOÑO:

Primeiro. Modifícase o punto segundo do número un da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 21 de marzo de 2025 pola que se desenvolve a Resolución do 11 de novembro de 2024 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2025 e se procede ao nomeamento do tribunal para as convocatorias do ano 2025 (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro), que queda redactado como segue:

«2. A composición do tribunal para as vindeiras convocatorias ordinarias do ano 2025 será o seguinte persoal da Dirección Xeral de Mobilidade:

Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

Presidencia suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestruturas e Planificación do Transporte.

Vogais:

A persoa titular do Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros.

A persoa titular do Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte.

A persoa titular do Servizo da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

Vogais suplentes:

A persoa titular do Servizo de Inspección.

A persoa titular do Servizo de Informes e Recursos.

A persoa titular do Servizo de Infraestruturas.

A persoa titular do Servizo de Planificación.

A persoa titular do Servizo de Contratación.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestrutura e Planificación do Transporte.

Secretaria: a persoa titular do Servizo de Autorizacións, Informes e Apoio Xurídico.

Secretaria suplente: a persoa titular da xefatura de Sección II da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte».

Segundo. Esta resolución producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025

Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade