DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 22 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de granxa de vacún de ceba na parroquia de Vilamor, no concello de Toques (expediente 2024/0143).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 22 de maio de 2025 do proxecto de granxa de vacún de ceba na parroquia de Vilamor, no concello de Toques (A Coruña) promovido por Ganadería Casal-Vázquez, S.C.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade