Mediante a Resolución de Alcaldía do Concello de Taboada, do 28 de maio de 2025, pola que se aproban as bases e a convocatoria para cubrir a praza de 1 técnico/a administrativo/a polo procedemento de promoción interna, e polo sistema de concurso-oposición.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 124, do luns 2 de xuño de 2025, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria, para cubrir por promoción interna, mediante concurso-oposición, a praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:
Código de posto: 1006.
Denominación do posto: técnico/a administrativo/a.
C.D.: 20.
C.E.: 7.735,33 euros.
Grupo: A2.
Escala: Administración xeral.
Subescala: xestión/administrativa.
Titulación académica: diplomatura/grao.
Núm. de vacantes: 1.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
O sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nas formas previstas nas propias bases.
Taboada, 2 de xuño de 2025
Roi Rigueira Agromartín
Alcalde
