DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2025 Páx. 32225

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2025, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 20 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 12 de agosto de 2024 (DOG núm. 159, do 20 de agosto) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, de acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria.

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.

De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar a dita relación á titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas aspirantes que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2025

Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Puntuación primeiro exercicio

***1053**

Rúa Cortizo, Isidro

PI

73,91

***5547**

López García, Miguel Ángel

PI

64,34

***4289**

Fraga Santiago, Pedro

L

84,84

***9633**

López Vázquez, Alberto

L

70

***3836**

Vidal Somoza, Vicente

L

63,63

***3693**

Filgueiras Méndez, Alejandro

L

63,63

***4234**

Purriños Rodríguez, Miguel

L

63,63