De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 26 de maio de 2025, do proxecto Ampliación de superficie da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Costa do Cuzo, nº 129, no concello de Santa Comba (A Coruña) promovido por Canteira da Mina, S.L.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
