DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2025 Páx. 32400

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2025/26.

Co obxecto de proceder á actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2025/26, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Anunciar que a actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2025/26, que inclúe algúns aspectos para a súa organización, estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal/portal).

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos