DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2025 Páx. 33059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2025, da Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra, pola que se modifica a resolución de inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias para as setenta e catro (74) vivendas de promoción pública situadas na rúa Prado Novo, 20, 22, 24, 26, 28, 30 e 32 do concello de Pontevedra.

Resolución pola que se modifica a resolución de inicio do proceso de selección de setenta e catro (74) persoas adxudicatarias para as vivendas da promoción pública do expediente PO2022/010 en Valdecorvos, no concello de Pontevedra

A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 20 de maio de 2025, acordou iniciar o proceso de selección de persoas adxudicatarias para setenta e catro (74) vivendas de promoción pública situadas na rúa Prado Novo, 20, 22, 24, 26, 28, 30 e 32 do concello de Pontevedra.

Segundo o disposto no criterio sexto da mencionada resolución de inicio, e de conformidade co establecido no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, o procedemento de adxudicación será o de sorteo entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia para o concello de Pontevedra ata a data da citada resolución (21.5.2025).

De acordo co indicado no citado criterio sexto, o criterio décimo segundo da mencionada resolución establecía que o dito sorteo sería público e teríaá lugar ante notario, ás 10.00 horas do día 18 de xuño de 2025, no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa María Victoria Moreno, 43, en Pontevedra.

Non obstante, por causa de circunstancias técnicas sobrevidas, a Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra, en sesión celebrada o 6 de xuño de 2025,

ACORDA:

Primeiro. Modificar o criterio décimo segundo da mencionada resolución respecto da hora de realización do sorteo, que se levará a cabo ante notario, ás 12.00 horas do día 18 de xuño de 2025, no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa María Victoria Moreno, 43, en Pontevedra.

Segundo. De conformidade co disposto no punto noveno da resolución de inicio, e de acordo cos artigos 22.1 e 24.3 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios do Concello de Pontevedra, no da Área Provincial do IGVS e na páxina web do organismo.

Esta publicidade substituirá as notificacións persoais, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 6 de xuño de 2025

José Manuel González González
Presidente da Comisión Provincial de Vivenda