DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2025 Páx. 33019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 20 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2024/193-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LMTA, CTI e RBT Chavaga (Monforte de Lemos).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Centro de transformación intemperie 50 kVA/20 kV para instalar sobre un novo apoio de celosía tipo C-12/2000. Esta instalación implica a desmontaxe do CT existente, do seccionador SXS instalado sobre o apoio 85-9 da LMTA MOF803 e dos condutores que forman o van da liña entre o apoio 85-9 e o CT que se vai deixar sen servizo.

– Liña para dar servizo ao novo CTI, derivada da LMTA MOF803, desde o apoio 85-8 ata a localización do novo CTI (apoio 85-8-CT), formada por un van de 90 m de lonxitude en condutor LA-56.

– Execución de 2 vans de RBTA, en condutor RZ 3X150/80, desde a saída do novo CTI ata os apoios existentes 85-8 da LMTA MOF803.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Monforte de Lemos. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/monforte-de-lemos3

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 20 de maio de 2025

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: LMTA, CTI e RBT Chavaga (Monforte de Lemos).

Concello: Monforte de Lemos (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/193-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio (nº)

Apoio (cant.)

Sup. (m2)

Voo (lonx.)

Voo
(sup. m2)

Servidume de acceso

1

38

515

Monticelo

Monte alto

Francisco Javier Amigo López

14

203

2

38

571

Monticelo

Monte alto

Gonzalo Rodríguez López

28

3

38

518

Monticelo

Monte alto

Hdros. de Serafín Vázquez Macia

85-8-CT

1

9

75

1.170

5

4

38

521

Monticelo

Monte alto

Hdros. de Julia López Centeno

5

5

38

500

Barxa

Monte alto

Hdros. de Serafín Vázquez Macia

4