DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2025 Páx. 33151

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria da Asociación Española de Miocardiopatía Hipertrófica (AEMCH).

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anuncio a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés da Asociación Española de Miocardiopatía Hipertrófica (AEMCH).

Pontevedra, 29 de maio de 2025

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés