DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2025 Páx. 33085

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba PEB para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024/25.

A Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 27 de maio de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024/25 (Diario Oficial de Galicia núm. 104, do 3 de xuño), establece no seu artigo 10 que para elaborar, supervisar e avaliar a proba, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de Educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 10 e na disposición derradeira segunda da citada Orde do 27 de maio de 2025, esta dirección xeral

RESOLVE:

Designar os membros do tribunal que deberán elaborar, supervisar e avaliar a proba PEB para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024/25, e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal

Titulares:

Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.

Vogais:

María Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de Educación.

Juan Antonio Granados Loureda, inspector de Educación.

Faustino Martín González, inspector de Educación.

Luis Jar Pereira, inspector de Educación.

Marina Couñago Enríquez, inspectora de Educación.

Carlos Calviño Barreiro, inspector de Educación.

Suplentes:

Presidente: Paula María Carnicero Carrera, subdirectora xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa.

Vogais:

Juan Carlos Varela Vázquez, inspector de Educación.

Marina Armada Vigo, inspectora de Educación.

Monserrat García Lozano, inspectora de Educación.

María Teresa Vázquez Montes, inspectora de Educación.

Pedro Alberto Areal Alonso, inspector de Educación.

Román Latas Calvo, inspector de Educación.