No Diario Oficial de Galicia número 30, do 13 de febreiro de 2025, publícase a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C). Ao abeiro da dita convocatoria establécense as seguintes liñas de actuación:
a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI449B).
b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (código de procedemento SI436C).
Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de un millón de euros (1.000.000,00 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:
|
Procedemento |
Aplicación |
Cód. proxecto |
Importe |
|
SI449B |
08.07.313D.481.2 |
2025 00050 |
400.000,00 € |
|
SI436C |
08.07.312G.481.3 |
2021 00175 |
600.000,00 € |
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde no procedemento SI436C polo órgano encargado da instrución do procedemento, así como as emendas feitas, unha vez comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 11.3.
O órgano instrutor, logo da baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 13.1, elevou ao órgano competente, a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente Resolución do 2 de xuño de 2025.
Segundo o artigo 13.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 2 de xuño de 2025, ditada no procedemento SI436C ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 2 de xuño de 2025 do procedemento SI436C pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025
María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade
ANEXO
Resolución do 2 de xuño de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións do procedemento SI436C convocadas mediante a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C)
Antecedentes:
Primeiro. No Diario Oficial de Galicia do 13 de febreiro de 2025, publícase a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C).
Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2025 as subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para as seguintes liñas de actuación: a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B) e b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (SI436C).
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 11.5 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes seguindo os criterios establecidos no artigo 12, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal o órgano instrutor formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na cal se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes que quedaran en lista de espera por terse esgotado o crédito dispoñible para seren atendidos no caso de producirse algunha renuncia ou un incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas e os expedientes aos que se lles denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria, ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 13.1, o órgano instrutor, á vista do informe da Comisión de Valoración, elevou a proposta da resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Sexto. Segundo o artigo 13.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida polo órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, a directora xeral de Promoción da Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as subvencións para o financiamento dos programas das asociacións de nais e pais (ANPA) que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 12 das bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 28 pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo, por un importe total de 593.346,73 €, con cargo á aplicación orzamentaria 08.07.312G.481.3, código de proxecto 2021 00175, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025.
Segundo. Incluír na lista de espera as solicitudes que se indican no anexo II segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.
Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 10.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.
Cuarto. Informar as asociacións de nais e pais beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As axudas do Programa do Plan Corresponsables no ámbito local (SI436C) están financiadas con fondos finalistas do Estado do Plan Corresponsables.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras: estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.
O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.
En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 18 (Obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 20 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, se é o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 17.1 das bases reguladoras, tras producirse a publicación e aceptación nos termos expostos na letra e), realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado.
Unha vez presentada a xustificación procederase ao libramento final da axuda concedida, pola contía que corresponda, deducido, de ser o caso, o importe aboado en concepto de anticipo.
g) Para poder ser tidos en conta os gastos directos de persoal subvencionables a custo real (nóminas, facturas...), deben estar xerados entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025 e deberán estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 11 de decembro de 2025.
h) As entidades beneficiarias deberán presentar coa data límite do 11 de decembro de 2025 a documentación xustificativa establecida no artigo 16.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Promoción da Igualdade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 20.12.2024; DOG núm. 30, do 13 de febreiro). María Quintiana Pérez. Directora xeral de Promoción da Igualdade.
ANEXO I
Concesións
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Denominación medida ou programa |
Subvención solicitada (€) |
Importe elixible (€) |
Incentivo artigo 28.3 (€) |
Importe subvención (€) |
Total puntos |
|
SI436C-2025-00000031-00 |
ANPA Colexio Santo Ángel Ourense |
G32110116 |
Concilia 2025 |
6.200,00 |
3.206,80 |
34,80 |
3.241,60 |
86 |
|
SI436C-2025-00000104-00 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CPI Curros Enríquez |
G36054054 |
Compartir e crecer |
15.650,00 |
13.278,71 |
130,50 |
13.409,21 |
85 |
|
SI436C-2025-00000124-00 |
APA Rosalía Castro da Escola Infantil Os Ánxeles- Os Ánxeles Brión |
G15650328 |
Coeducando corresponsablemente |
7.215,00 |
4.538,06 |
0,00 |
4.538,06 |
82 |
|
SI436C-2025-00000026-00 |
Asociación de pais e nais de alumnos Airiña |
G32102394 |
Coidar, compartir, medrar |
5.496,00 |
2.864,14 |
33,06 |
2.897,20 |
82 |
|
SI436C-2025-00000111-00 |
Federación de ANPAS de Redondela |
G44769743 |
Correspons-habilidade=a arte de compartir a vida |
15.493,00 |
4.070,09 |
127,02 |
4.197,11 |
81 |
|
SI436C-2025-00000090-00 |
Asociación de pais de alumnos do CPI Laureano Prieto da Gudiña |
G32214686 |
Fermoso rural |
15.143,80 |
15.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
80 |
|
SI436C-2025-00000030-00 |
ANPA O Recreo do CEIP Manuel Bermúdez Couso |
G32148306 |
Programa de conciliación da vida familiar e laboral: o recreo concilia |
12.200,00 |
12.200,00 |
0,00 |
12.200,00 |
80 |
|
SI436C-2025-00000058-00 |
ANPA despertar do CEIP Alexandro Rodríguez Cadarso da Barquiña |
G15239585 |
Concilia Barquiña |
8.500,00 |
8.500,00 |
0,00 |
8.500,00 |
79 |
|
SI436C-2025-00000065-00 |
ANPA CEIP Sobrado-Nebra |
G70222682 |
Conciliamos no cole |
5.000,00 |
5.000,00 |
0,00 |
5.000,00 |
78 |
|
SI436C-2025-0000076-00 |
Federación Provincial de ANPA de centros públicos de Lugo (Fapacel) |
G27019140 |
Formación e sensibilización de varóns da comunidade educativa en masculinidades, corresponsabilidade |
4.440,00 |
726,12 |
0,00 |
726,12 |
76 |
|
SI436C-2025-00000007-00 |
ANPA do CEIP de Samos |
G16843799 |
Plan Corresponsables SI436C |
15.000,09 |
12.182,68 |
0,00 |
12.182,68 |
76 |
|
SI436C-2025-0000052-00 |
APA Colexio Luis Vives |
G32119992 |
O superpoder de compartir tarefas |
6.602,00 |
4.857,04 |
0,00 |
4.857,04 |
76 |
|
SI436C-2025-00000061-00 |
APA A Galocha do CEIP Eduardo Ávila Bustillo |
G32118036 |
Plan corresponsables para ANPA |
18.000,00 |
7.946,98 |
0,00 |
7.946,98 |
75 |
|
SI436C-2025-00000089-00 |
Asociación de nais e pais San Cosmeiro do CEIP Víctor Sáenz |
G15343973 |
Conciliamos no cole |
3.500,00 |
3.500,00 |
0,00 |
3.500,00 |
75 |
|
SI436C-2025-00000064-00 |
APA do Campo do CEIP Santa Irene |
G15051832 |
Concilia no cole |
5.000,00 |
5.000,00 |
0,00 |
5.000,00 |
75 |
|
SI436C-2025-00000057-00 |
ANPA Avilés de Taramancos do CEIP Felipe de Castro |
G15681430 |
Conciliamos no cole |
8.500,00 |
8.500,00 |
0,00 |
8.500,00 |
75 |
|
SI436C-2025-00000100-00 |
APA San Miguel do CEIP San Miguel de Reinante |
G27226257 |
Formándose no abrente |
2.550,00 |
2.420,40 |
0,00 |
2.420,40 |
75 |
|
SI436C-2025-00000015-00 |
Asociación de nais e pais CEIP Medeiros |
G32492027 |
A maxia de compartir responsabilidades |
7.905,61 |
6.881,24 |
33,06 |
6.914,30 |
74 |
|
SI436C-2025-00000043-00 |
ANPA CEIP de Castrelo do Val |
G32372252 |
Plan Corresponsables ANPA Castrelo do Val 2024/25 |
15.000,00 |
15.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
73 |
|
SI436C-2025-00000063-00 |
ANPA de Coira do CEIP Portosín |
G15525207 |
Conciliamos no cole |
5.000,00 |
5.000,00 |
0,00 |
5.000,00 |
73 |
|
SI436C-2025-00000042-00 |
Asociación de pais de alumnos do Colexio Guillelme Brown |
G32137333 |
Repartindo tarefas, construíndo igualdade |
5.857,00 |
3.146,52 |
0,00 |
3.146,52 |
72 |
|
SI436C-2025-00000017-00 |
ANPA O Areal |
G32013203 |
Compartimos dereitos e responsabilidades 2025 |
10.039,00 |
8.111,32 |
31,32 |
8.142,64 |
72 |
|
SI436C-2025-00000056-00 |
ANPA do CEIP de Oímbra |
G32411357 |
Programa Corresponsables Oímbra 2025 |
15.000,00 |
14.993,36 |
0,00 |
14.993,36 |
72 |
|
SI436C-2025-00000088-00 |
ANPA do CEIPP de Palmeira |
G15036122 |
Conciliamos no cole |
5.000,00 |
5.000,00 |
0,00 |
5.000,00 |
72 |
|
SI436C-2025-00000038-00 |
ANPA no centro docente Divino Salvador de Vigo |
G27780055 |
A corresponsabilidade tamén se ensina |
4.125,00 |
4.125,00 |
0,00 |
4.125,00 |
71 |
|
SI436C-2025-00000103-00 |
ANPA A Lagoa do novo CEIP de Monforte de Lemos |
G27237155 |
Cococo-concilia co cole |
7.538,00 |
7.538,00 |
0,00 |
7.538,00 |
70 |
|
SI436C-2025-00000033-00 |
Asociación de pais e nais de alumnos Colexio Plurilingüe Os Blancos |
G32491904 |
Fogares sen etiquetas! |
8.496,60 |
7.887,89 |
12,18 |
7.900,07 |
70 |
|
SI436C-2025-0000073-00 |
Asociación de nais e pais de alumnos CEIP Baltar |
G56385339 |
Pequenos grandes cambios: corresponsabilizando |
5.219,00 |
4.042,65 |
15,66 |
4.058,31 |
70 |
|
SI436C-2025-00000093-00 |
ANPA A Burga CEIP Baños de Molgas |
G32445801 |
Compartindo, medrando, equilibrando |
6.817,00 |
4.222,22 |
38,28 |
4.260,50 |
70 |
|
SI436C-2025-00000025-00 |
ANPA CEIP Veleiro Docampo |
G27371129 |
Plan Corresponsables |
15.000,00 |
11.184,27 |
0,00 |
11.184,27 |
70 |
|
SI436C-2025-00000021-00 |
ANPA CEIP Amaro Refojo |
G32298671 |
Mans á obra! Construíndo fogares corresponsables |
10.552,00 |
9.920,67 |
40,02 |
9.960,69 |
69 |
|
SI436C-2025-00000066-00 |
Asociación de pais de alumnos dos centros de ensino primario da Fonsagrada |
G27021682 |
Plan Corresponsables |
11.672,80 |
6.051,00 |
0,00 |
6.051,00 |
69 |
|
SI436C-2025-0000070-00 |
ANPA O Forte do CEIP nº 1 de Melide |
G70552351 |
Ludoteca en igualdade |
4.337,50 |
3.590,26 |
0,00 |
3.590,26 |
68 |
|
SI436C-2025-00000024-00 |
ANPA do CEIP Vista Alegre |
G27030154 |
Conciliación da vida familiar e laboral e sensibilización para o home no CEIP Vista Alegre |
13.444,72 |
12.738,12 |
0,00 |
12.738,12 |
67 |
|
SI436C-2025-00000028-00 |
ANPA Franciscanas Colexio Divina Pastora de Ourense |
G32013161 |
Xunt@s conciliamos 2025 |
10.500,00 |
7.984,08 |
41,76 |
8.025,84 |
66 |
|
SI436C-2025-0000080-00 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CEIP de Laredo Penedos |
G36024040 |
Penedos, coidando en comunidade |
14.615,00 |
9.886,86 |
118,32 |
10.005,18 |
66 |
|
SI436C-2025-00000114-00 |
Asociación de nais e pais de alumnos Cernades do CEIP Carballal |
G36732444 |
Conciliación escolar |
13.022,35 |
12.743,71 |
478,50 |
13.222,21 |
66 |
|
SI436C-2025-0000081-00 |
Asociación de pais de alumnos do Col. Nal. Gonderán |
G36718674 |
Programa integral de actividades de apoio á conciliación familiar e desenvolvemento infantil |
15.000,00 |
15.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
66 |
|
SI436C-2025-0000053-00 |
Asociación de pais de alumnos do IES Universidade Laboral |
G32246894 |
O reto da corresponsabilidade, atréveste? |
7.478,60 |
3.751,62 |
48,72 |
3.800,34 |
66 |
|
SI436C-2025-00000078-00 |
ANPA Cela e Pereiras de alumnos CEIP |
G36119659 |
Atinando coa corresponsabilidade |
15.000,00 |
9.377,88 |
0,00 |
9.377,88 |
66 |
|
SI436C-2025-00000121-00 |
ANPA do Colexio Público de Covas |
G27147404 |
Coidamos en corresponsabilidade |
4.008,00 |
2.042,21 |
52,20 |
2.094,41 |
66 |
|
SI436C-2025-0000075-00 |
Asociación de nais e pais Andaravía |
G70077060 |
Conciliando en Brión |
15.000,00 |
13.668,20 |
1.331,80 |
15.000,00 |
66 |
|
SI436C-2025-00000029-00 |
Asociación de nais e pais de alumnos As Lavandeiras |
G70268818 |
Misión: fogar en equilibrio |
11.452,00 |
9.203,96 |
0,00 |
9.203,96 |
65 |
|
SI436C-2025-0000072-00 |
ANPA do CEIP San Marcos de Cartelle |
G32147589 |
Somos corresponsables |
4.694,00 |
3.771,79 |
62,64 |
3.834,43 |
65 |
|
SI436C-2025-00000009-00 |
APA do CEIP Rosalía de Castro-Lugo |
G27126234 |
Plan Corresponsables |
15.000,00 |
9.838,87 |
0,00 |
9.838,87 |
65 |
|
SI436C-2025-00000032-00 |
Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo e Comarca |
G36743946 |
Aula matinal: educar e conciliar |
20.000,00 |
18.761,12 |
1.238,88 |
20.000,00 |
65 |
|
SI436C-2025-00000014-00 |
ANPA IES Castro Baroncelli |
G56651565 |
Corresponsabiliza-t (2025) |
11.081,52 |
9.271,99 |
0,00 |
9.271,99 |
64 |
|
SI436C-2025-00000113-00 |
ANPA do CEIP Castelao de Ordes |
G15778442 |
Concilia na escola: bos días cole, concilia tarde, club dos deberes, concilia nas vacacións |
40.200,00 |
15.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
64 |
|
SI436C-2025-00000092-00 |
Asociación de pais de alumnos María Assumpta co Colexio María Assumpta Fillas de Xesús de Noia |
G15060452 |
Concilia |
6.500,00 |
6.500,00 |
0,00 |
6.500,00 |
64 |
|
SI436C-2025-00000046-00 |
ANPA CEIP Carlos Casares |
G32181208 |
Corresponsables no Casares |
13.644,60 |
13.644,60 |
0,00 |
13.644,60 |
63 |
|
SI436C-2025-00000059-00 |
APA Troncoso Colexio Público de Mondariz-Balneario |
G36301653 |
Servizo de apoio a familias, infancia e xuventude |
8.900,00 |
7.521,02 |
0,00 |
7.521,02 |
63 |
|
SI436C-2025-00000034-00 |
Asociación de nais e pais do CPI Tino Grandío de Guntín |
G27466895 |
Plan Corresponsables |
8.840,00 |
4.931,57 |
0,00 |
4.931,57 |
63 |
|
SI436C-2025-00000109-00 |
ANPA do CEIP Porto-Cabeiro de Vilar de Infesta |
G36191682 |
Porto corresponsables |
14.800,00 |
11.453,34 |
17,40 |
11.470,74 |
62 |
|
SI436C-2025-00000087-00 |
ANPA Con de Sete Pías CEIP Enrique Barreiro de Vilariño |
G36131241 |
Proxecto corresponsabilidade. Campamento verán 2025 |
14.700,00 |
14.700,00 |
0,00 |
14.700,00 |
62 |
|
SI436C-2025-00000091-00 |
Asociación de nais e pais de alumnos/as do CEIP Lansbricae |
G75421792 |
Plan Corresponsables |
1.971,20 |
1.210,20 |
0,00 |
1.210,20 |
62 |
|
SI436C-2025-00000120-00 |
Asociación de nais e pais Río de Va do CEIP Os Casais |
G15892425 |
Concilia Os Casais |
7.555,55 |
7.555,55 |
0,00 |
7.555,55 |
62 |
|
SI436C-2025-00000119-00 |
Asociación de pais de alumnos do CEIP Prácticas (Ourense) |
G32239147 |
Proxecto Pingüín 2025 |
4.950,00 |
4.923,57 |
0,00 |
4.923,57 |
61 |
|
SI436C-2025-0000050-00 |
ANPA Aquam Latam do CEIP de Agolada |
G67690529 |
Plan Corresponsables |
7.105,00 |
2.927,31 |
0,00 |
2.927,31 |
61 |
|
SI436C-2025-00000019-00 |
Asociación de nais e pais de alumnos do Colexio San Fermín de Caldas de Reis |
G36149664 |
Concilia & convive no cole |
14.520,00 |
13.141,68 |
1.858,32 |
15.000,00 |
61 |
|
SI436C-2025-0000082-00 |
Asociación de nais e pais de alumnos/as Pequeniños |
G36362309 |
Bolsa concilia ANPA Pequeniños CRA A Lagoa 2025 |
15.000,00 |
15.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
60 |
|
SI436C-2025-00000044-00 |
Asociación nais e pais Moraima |
G36627990 |
Madruga con Moraima |
5.400,00 |
3.590,26 |
0,00 |
3.590,26 |
60 |
|
SI436C-2025-00000013-00 |
ANPA Ensino do CEIP Rabadeira de Oleiros |
G70603022 |
Coordinación extraescolares e apoio alumnado NEE |
3.500,00 |
3.500,00 |
0,00 |
3.500,00 |
60 |
|
SI436C-2025-00000099-00 |
Asociación de nais e pais do alumnado do CEIP A Ponte |
G32174302 |
Igualcampa |
10.080,00 |
10.080,00 |
0,00 |
10.080,00 |
60 |
|
SI436C-2025-00000010-00 |
ANPA do CEIP Sagrado Corazón Lugo |
G27019256 |
Plan Corresponsables |
15.000,00 |
11.441,43 |
0,00 |
11.441,43 |
59 |
|
SI436C-2025-00000123-00 |
APA do Colexio Nacional Carrasqueira Coruxo |
G36729267 |
Carrascamp: campamento de verán integrador con atención á diversidade |
15.000,00 |
15.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
59 |
|
SI436C-2025-0000047-00 |
ANPA do CEIP Illa Verde |
G27043033 |
Campamento conciliación supercampa |
11.651,84 |
11.651,84 |
0,00 |
11.651,84 |
59 |
|
SI436C-2025-00000036-00 |
ANPA Juan Rey de Lourenzá |
G27317312 |
Programa madrugadores |
2.342,90 |
2.342,90 |
0,00 |
2.342,90 |
59 |
|
SI436C-2025-00000055-00 |
ANPA CEIP O Salvador |
G27475532 |
Plan Corresponsables |
8.440,00 |
7.109,93 |
0,00 |
7.109,93 |
59 |
|
SI436C-2025-00000003-00 |
APA Trastambre |
G15330467 |
Actividades ANPA |
15.100,11 |
15.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
59 |
|
SI436C-2025-00000102-00 |
APA Colexio Público Teis Paraixal Os Únicos |
G36621704 |
Conciliación no Paraixal |
3.348,22 |
3.348,22 |
0,00 |
3.348,22 |
58 |
|
SI436C-2025-00000016-00 |
Asociación de nais e pais do alumnado do CEIP Albeiros |
G27119668 |
Plan Corresponsables |
10.190,00 |
6.807,38 |
0,00 |
6.807,38 |
57 |
|
SI436C-2025-00000101-00 |
ANPA O Cruceiro de Vilalonga |
G36056448 |
Campamento verán muchachada city |
15.000,00 |
7.932,37 |
0,00 |
7.932,37 |
57 |
|
SI436C-2025-0000069-00 |
ANPA do CEIP O Corgo |
G27388107 |
Plan Corresponsables |
5.718,60 |
2.763,29 |
0,00 |
2.763,29 |
57 |
ANEXO II
Lista de espera
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Denominación medida ou programa |
Subvención solicitada (€) |
Importe elixible (€) |
Incentivo artigo 28.3 (€) |
Importe proposta subvención (€) |
Total puntos |
|
SI436C-2025-00000035-00 |
Asociación ANPA do CEIP de Vendas da Barreira |
G32129678 |
SI436C-Programa do Plan Corresponsables para desenvolver polas ANPA |
14.976,00 |
14.976,00 |
0,00 |
14.976,00 |
56 |
|
SI436C-2025-0000077-00 |
Asoc. ANPA Chans de Radulfe |
G36035921 |
Servizo madruga |
1.890,00 |
1.890,00 |
207,06 |
1.946,00 |
56 |
|
SI436C-2025-00000060-00 |
ANPA do Colexio de ensinanza infantil público San Clemente |
G36143428 |
Programa anual Concilia da ANPA San Clemente |
15.000,00 |
12.890,26 |
0,00 |
12.890,26 |
55 |
|
SI436C-2025-0000071-00 |
APA Col. Nal. San Isidro |
G15050453 |
Plan Corresponsables |
10.147,94 |
8.816,31 |
0,00 |
8.816,31 |
55 |
|
SI436C-2025-00000022-00 |
APA do CEIP Otero Pedrayo de Rábade |
G27100049 |
Plan Corresponsables |
6.875,00 |
6.875,00 |
0,00 |
6.875,00 |
55 |
|
SI436C-2025-00000045-00 |
Asociación de nais e pais Quinsa do Colexio Público de Quintela (Redondela) |
G36040103 |
Plan madruga |
3.600,00 |
3.600,00 |
0,00 |
3.600,00 |
55 |
|
SI436C-2025-00000049-00 |
Asociación de nais e pais Os Muíños do Colexio de Educación Infantil e Primaria Alexandre Bóveda |
G36035855 |
Conciliación escolar |
13.643,64 |
12.977,38 |
619,44 |
13.596,82 |
55 |
|
SI436C-2025-00000027-00 |
ANPA Emilia Pardo Bazán O Chouzo |
G36732758 |
Medidas para a mellora da conciliacion familiar para as familias |
4.545,00 |
4.545,00 |
26,10 |
4.571,10 |
55 |
|
SI436C-2025-00000018-00 |
ANPA Santa Eulalia e San Berto |
G27323054 |
Plan Corresponsables |
7.300,00 |
5.748,45 |
0,00 |
5.748,45 |
55 |
|
SI436C-2025-00000008-00 |
ANPA CEIP A Ponte-Lugo |
G27010461 |
Plan Corresponsables |
15.000,00 |
12.323,87 |
0,00 |
12.323,87 |
54 |
|
SI436C-2025-00000041-00 |
ANPA Abella do CEIP Casas |
G27414051 |
Plan Corresponsables |
12.870,00 |
9.459,73 |
0,00 |
9.459,73 |
54 |
|
SI436C-2025-00000107-00 |
APA do Colexio Estatal de Maciñeira Neda |
G15291107 |
Programa servizo de madrugadores |
5.494,32 |
5.494,32 |
0,00 |
5.494,32 |
54 |
|
SI436C-2025-00000086-00 |
Asociación de nais e pais O Chusquiño de Valeixe |
G36575744 |
Plan Corresponsables |
2.800,00 |
2.800,00 |
95,70 |
2.895,70 |
54 |
|
SI436C-2025-00000096-00 |
APA A Igrexa do Colexio Público Igrexa Chapela Redondela |
G36210250 |
SI436C |
15.697,70 |
15.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
53 |
|
SI436C-2025-00000094-00 |
ANPA Pía da Casca |
G32277535 |
Plan Corresponsables |
8.039,75 |
8.039,75 |
0,00 |
8.039,75 |
53 |
|
SI436C-2025-00000001-00 |
ANPA A Porteliña |
G36485183 |
Programa de conciliación aula matinal e servizo concilia |
9.000,00 |
9.000,00 |
929,16 |
9.929,16 |
53 |
|
SI436C-2025-00000068-00 |
APA do CEIP de Nadela |
G27135193 |
Plan Corresponsables |
10.711,25 |
8.521,83 |
0,00 |
8.521,83 |
52 |
|
SI436C-2025-00000108-00 |
ANPA CEIP Luis Pimentel Triscos |
G27416627 |
Plan Corresponsables |
8.300,00 |
5.546,76 |
0,00 |
5.546,76 |
52 |
|
SI436C-2025-00000040-00 |
Asociación de nais e pais de alumnos/as O Ramo do CEIP Plurilingüe O Ramo de Barallobre |
G15314123 |
Corresponsables O Ramo 2025 |
15.000,00 |
15.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
51 |
|
SI436C-2025-00000020-00 |
Asociación de pais de alumnos Altamar |
G36895233 |
Bos Días Altamar aula matinal |
4.500,00 |
4.500,00 |
0,00 |
4.500,00 |
50 |
|
SI436C-2025-00000023-00 |
ANPA do CEIP Escultor Acuña |
G36717700 |
Espertar xogando |
7.650,00 |
7.650,00 |
929,16 |
8.579,16 |
50 |
|
SI436C-2025-00000085-00 |
Asociación de nais e pais do alumnado do CEIP Paradai |
G27032218 |
Plan Corresponsables |
14.912,00 |
9.560,58 |
0,00 |
9.560,58 |
50 |
|
SI436C-2025-00000095-00 |
ANPA Aidón Colexio Público Sequelo de Marín |
G36123057 |
Servizos para a conciliación |
7.216,84 |
7.180,82 |
198,36 |
7.379,18 |
50 |
|
SI436C-2025-00000118-00 |
Asociación de nais e pais EEI Monte da Guía |
G36716298 |
Aula Matinal |
3.000,00 |
3.000,00 |
0,00 |
3.000,00 |
50 |
|
SI436C-2025-00000006-00 |
APA Colexio Público Valadares-Sobreira |
G36789030 |
Corresponsables |
4.260,00 |
3.590,26 |
0,00 |
3.590,26 |
50 |
|
SI436C-2025-0000083-00 |
Asociación ANPA CEIP Plurilingüe de Seixalvo |
G32112856 |
Campamento corresponsables |
12.548,80 |
10.039,04 |
0,00 |
10.039,04 |
50 |
|
SI436C-2025-00000004-00 |
Asociación ANPA Outeiro do Sino |
G36724524 |
Axudas económicas ás ANPA. Programa do Plan Corresponsables para desenvolver polas asociacións de nais e pais |
2.500,00 |
2.500,00 |
0,00 |
2.500,00 |
50 |
|
SI436C-2025-00000054-00 |
ANPA de alumnas/os CRA Culleredo Cepelín |
G09938242 |
Bolsa de coidados: servizo de mañanceiros |
6.315,00 |
6.000,58 |
0,00 |
6.000,58 |
50 |
|
SI436C-2025-00000110-00 |
APA Infesta do CPI Infesta de Pontecesures |
G36052223 |
ANPA Infesta Concilia |
2.300,00 |
2.017,00 |
174,00 |
2.191,00 |
50 |
|
SI436C-2025-00000117-00 |
ANPA do CEIP Bibei de Viana do Bolo |
G32211914 |
Actividades de conciliación |
4.000,00 |
2.299,38 |
0,00 |
2.299,38 |
49 |
|
SI436C-2025-00000098-00 |
Asociación de pais de alumnos Alecrín CEIP do Foxo |
G36136596 |
Espazo concilia |
7.200,00 |
2.622,10 |
0,00 |
2.622,10 |
49 |
|
SI436C-2025-00000037-00 |
APA Col. Nal. Mixto Comarcal Guillarei |
G36141265 |
Aula madruga e comedor escolar |
7.000,00 |
7.000,00 |
1.084,02 |
8.084,02 |
48 |
|
SI436C-2025-00000115-00 |
APA do Colexio Público de Cedeira |
G36037166 |
Aula Matinal |
2.520,00 |
2.440,57 |
210,54 |
2.651,11 |
48 |
|
SI436C-2025-0000074-00 |
APA O Futuro do CEIP Campomaior |
G15835267 |
Bos días cole |
14.743,00 |
13.231,52 |
0,00 |
13.231,52 |
47 |
|
SI436C-2025-00000116-00 |
Asociación de pais de alumnos Rosalía de Castro (Ourense) |
G32228132 |
Aula madrugadores, tempo de lecer e extraescolares 25 |
13.700,00 |
12.799,38 |
1.084,02 |
13.883,40 |
46 |
|
SI436C-2025-00000048-00 |
ANPA de Ares |
G15502305 |
Conciliación almorzos e tardes |
15.000,00 |
14.380,56 |
619,44 |
15.000,00 |
46 |
|
SI436C-2025-0000084-00 |
ANPA Pardo Bazán |
G36023042 |
Programa concilia |
3.000,00 |
1.724,54 |
0,00 |
1.724,54 |
46 |
|
SI436C-2025-00000012-00 |
ANPA do Colexio Público de Cruz Budiño Porriño |
G36119030 |
Aula Matinal |
3.900,00 |
3.900,00 |
0,00 |
3.900,00 |
45 |
|
SI436C-2025-00000039-00 |
Asociación San Vicente de Barrantes |
G36393072 |
Aula madruga |
4.731,90 |
3.681,03 |
0,00 |
3.681,03 |
44 |
|
SI436C-2025-00000112-00 |
Asociación de nais e pais de alumnos Anexa 2007 |
G27370105 |
Plan Corresponsables |
11.220,71 |
10.123,91 |
0,00 |
10.123,91 |
43 |
|
SI436C-2025-00000011-00 |
ANPA do Colexio de Educación Especial Santa María de Lugo |
G27159425 |
Plan Corresponsables |
15.000,00 |
15.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
43 |
ANEXO III
Solicitudes excluídas e desistidas
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Causas de denegación |
|
SI436C-2025-00000002-00 |
Asociación A Mimosa do CEIP de Sobrada-Tomiño |
G36187466 |
Artigo 27 das bases reguladoras. Incumprimento requisitos das accións subvencionables |
|
SI436C-2025-00000005-00 |
ANPA Brea Segade |
G15145386 |
Artigo 10.1 das bases reguladoras. Incumprimento do requisito de emenda e/ou achega de toda a documentación requirida no prazo establecido |
|
SI436C-2025-00000051-00 |
APA Tebra-Tomiño |
G36156958 |
Artigo 27 das bases reguladoras. Incumprimento requisitos das accións subvencionables |
|
SI436C-2025-00000062-00 |
Asociación Amicos |
G15747678 |
Artigo 4.1 das bases reguladoras. Incumprimento entidade beneficiaria |
|
SI436C-2025-00000067-00 |
ANPA Fornobedo |
G36112092 |
Artigo 10.1 das bases reguladoras. Incumprimento do requisito de emenda e/ou achega de toda a documentación requirida no prazo establecido |
|
SI436C-2025-00000079-00 |
APA do Col. Nal. Comarcal Salceda de Caselas |
G36017473 |
Artigo 10.1 das bases reguladoras. Incumprimento do requisito de emenda e/ou achega de toda a documentación requirida no prazo establecido |
|
SI436C-2025-00000097-00 |
ANPA Val do Ullado CRA Boqueixón-Vedra |
G70132188 |
Artigo 10.1 das bases reguladoras. Incumprimento do requisito de emenda e/ou achega de toda a documentación requirida no prazo establecido |
|
SI436C-2025-00000105-00 |
ANPA do Colexio Público A Escardia |
G36145209 |
Artigo 10.1 das bases reguladoras. Incumprimento do requisito de emenda e/ou achega de toda a documentación requirida no prazo establecido |
|
SI436C-2025-00000106-00 |
ANPA Igrexa Valadres Monte do Alba |
G36628030 |
Artigo 10.1 das bases reguladoras. Incumprimento do requisito de emenda e/ou achega de toda a documentación requirida no prazo establecido |
|
SI436C-2025-00000122-00 |
ANPA do CEE Terra de Ferrol |
G15412026 |
Artigo 10.1 das bases reguladoras. Incumprimento do requisito de emenda e/ou achega de toda a documentación requirida no prazo establecido |
