De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación das resolucións dos recursos de alzada ditadas nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro das referidas resolucións e dos seus expedientes e advírteselles que, de non o faceren, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xudicial competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 14 de maio de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO I
Procedemento BS626F
|
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Resolución do recurso de alzada |
Data da resolución |
|
15073002124R |
00406068A |
Desestimación |
1.4.2025 |
ANEXO II
Procedemento BS618D
|
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Resolución do recurso de alzada |
Data da resolución |
|
15017006624E |
16885859H |
Desestimación |
12.3.2025 |
