DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2025 Páx. 33239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 14 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15054000624R e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados no procedemento de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes e advírteselles que, de non o faceren, se entenderá efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen teren presentado a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 14 de maio de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15054000624R

Z0922447Z

Requirimento de documentación

6.4.2025

15030041024R

Z1603946T

Requirimento de documentación

1.4.2025

15030006124R

Y7995311L

Requirimento de documentación

8.4.2025

15043000323R

79315405C

Requirimento de documentación

7.4.2025

15023001624R

Z1966321X

Requirimento de documentación

22.4.2025