O 23 de outubro de 2024 o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Peche de anel 20 kV LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) con LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) CT Estoupelo (CD_6672)-CT Xegunde (CD_2768), no concello da Fonsagrada.
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello da Fonsagrada deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 15 de maio de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 16 de maio de 2023, para que comparezan os días 17, 18 e 19 de setembro de 2025 no Concello da Fonsagrada, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado ás persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello da Fonsagrada estará exposta a data do levantamento das actas. Todos as persoas interesadas, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañadas dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).
Así mesmo, advírteselles a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 2 de xuño de 2025
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo
ANEXO
|
Nº |
Pol. |
Parc. |
Titular proposto |
Cultivo |
Apoio nº |
Sup. ocup. apoio m² |
Sup. voo m² |
Sup. total por voo m² |
Sup. ocup. perm. sot. m² |
Sup. ocup. perm. m² (CT) |
Sup. ocup. temporal m² |
|
1 |
297 |
43 |
José López Díaz |
Monte alto |
0 e 1 |
22 |
3 |
3 |
16 |
67 |
148 |
|
4 |
297 |
44 |
Hrdos. de José Ibias Riberas, Rpte. Alfonso Ibias Otero |
Monte alto |
566 |
566 |
|||||
|
9 |
297 |
52 |
José López Díaz e |
Monte alto |
155 |
155 |
|||||
|
10 |
297 |
53 |
Hrdos. de José Ibias Riberas, Rpte. Alfonso Ibias Otero |
Monte alto |
805 |
805 |
|||||
|
11 |
297 |
54 |
José Otero Díaz |
Monte alto |
109 |
109 |
|||||
|
12 |
297 |
14 |
María Celina Díaz Valledor |
Monte alto |
3 |
3 |
70 |
70 |
19 |
||
|
13 |
297 |
27 |
José López Díaz |
Prado |
633 |
633 |
13 |
||||
|
14 |
300 |
294 |
José Fernández Balonga |
Monte alto |
252 |
972 |
|||||
|
15 |
300 |
295 |
Manuel López Fernández |
Monte alto |
4 |
3 |
1.073 |
1.073 |
119 |
||
|
16 |
300 |
379 |
José Otero Díaz |
Monte baixo |
382 |
382 |
158 |
||||
|
17 |
300 |
125 |
Concepción Díaz Álvarez |
Monte baixo |
79 |
79 |
69 |
||||
|
18 |
300 |
124 |
Raúl Llano Gómez |
Monte baixo |
105 |
105 |
105 |
||||
|
19 |
300 |
123 |
Amparo Mosteirín Linares |
Monte baixo |
86 |
86 |
50 |
||||
|
20 |
300 |
122 |
Manuel López Fernández |
Monte baixo |
52 |
52 |
34 |
||||
|
21 |
300 |
121 |
José Fernández Balonga |
Monte baixo |
65 |
65 |
28 |
||||
|
22 |
300 |
120 |
José Palmeiro Villar |
Monte baixo |
76 |
76 |
31 |
||||
|
23 |
300 |
119 |
Sara Fernández Rodríguez |
Monte baixo |
47 |
47 |
23 |
||||
|
24 |
300 |
118 |
Francisco Rodríguez Fernández |
Monte baixo |
34 |
34 |
24 |
||||
|
25 |
300 |
117 |
Raúl Llano Gómez |
Monte baixo |
1 |
1 |
|||||
|
29 |
301 |
245 |
José Landeira Uría |
Monte alto |
201 |
201 |
|||||
|
31 |
301 |
244 |
Javier llano Gegunde |
Monte alto |
427 |
427 |
|||||
|
39 |
301 |
222 |
Javier llano Gegunde |
Monte alto |
552 |
552 |
|||||
|
41 |
301 |
220 |
Montserrat, Soledad, Purificación, Armando e Alfredo Yáñez Pasarín |
Monte alto |
232 |
232 |
|||||
|
43 |
301 |
218 |
Matilde Álvarez García |
Monte alto |
57 |
57 |
|||||
|
44 |
301 |
186 |
Hrdos. de Manuel Gegunde Santamarina |
Monte alto |
56 |
56 |
|||||
|
46 |
301 |
188 |
Inés Landeira Uría |
Monte alto |
390 |
390 |
|||||
|
49 |
301 |
191 |
Manuel López Fernández |
Monte alto |
731 |
731 |
108 |
||||
|
50 |
301 |
193 |
Claudina Palmeiro Rico |
Monte alto |
67 |
67 |
|||||
|
55 |
301 |
270 |
Matilde Álvarez García |
Monte alto |
249 |
249 |
|||||
|
56 |
301 |
172 |
Hrdos. de Enrique Linares Cancio |
Monte alto |
119 |
119 |
|||||
|
57 |
301 |
365 |
Aquilino Fernández Álvarez |
Monte alto |
10 |
3 |
2.079 |
2.079 |
176 |
||
|
58 |
301 |
169 |
Hrdos. de Manuel Cancio Gómez, Rpte. Jorge Cancio Fernández |
Monte alto |
7 |
7 |
266 |
||||
|
59 |
301 |
161 |
Montserrat, Soledad, Purificación, Armando e Alfredo Yáñez Pasarín |
Monte alto |
11 |
2 |
705 |
705 |
48 |
||
|
60 |
301 |
168 |
Matilde Álvarez García |
Monte alto |
28 |
28 |
190 |
||||
|
63 |
301 |
155 |
Hrdos. de Enrique Linares Cancio |
Monte alto |
148 |
148 |
|||||
|
65 |
301 |
153 |
Montserrat, Soledad, Purificación, Armando e Alfredo Yáñez Pasarín |
Monte alto |
266 |
266 |
14 |
||||
|
72 |
301 |
336 |
José Fernández Balonga |
Monte baixo |
232 |
||||||
|
73 |
301 |
329 |
Fermín Rodríguez Fernández |
Monte baixo |
463 |
