Para os efectos previstos no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e da letra b) do artigo 3 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano, no relativo a augas nacionais, sométese á información pública a solicitude de autorización de aproveitamento das augas minerais naturais procedentes da captación denominada S-8, cos seguintes datos:
– Nome: S-8.
– Recurso: sección B) auga mineral natural.
– Concello: Verín.
– Procedencia de extracción: nacional.
– Titular: Euroinversiones Aguas de Sousas, S.L.U.
– Situación: coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X: 632.227 e Y: 4.645.609.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro de protección, para que poidan examinar o proxecto xeral de aproveitamento e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Minas do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras
Ourense, 19 de maio de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
